NOTA DE PRENSA
Mobilizacións da Comunidade Educativa da ESAD contra os recortes de
persoal docente
A comunidade educativa da Escola Superior de Arte
Dramática de Galicia protesta contra as accións da Consellería de Educación
para a redución en case o 10% da súa plantilla de profesorado. A respecto do
curso pasado, e tendo en conta a adxudicación provisoria de destinos, a ESAD
vía xa reducida a súa plantilla en dous profesores, aos que se pretende agora
reducir dous máis, deixando a Escola cun número de docentes claramente
insuficiente para cumprir coas súas necesidades académicas e artísticas. Este
recorte, ademáis, suporá o incumprimento de varias das esixencias aplicadas
polo Espazo Europeo de Educación Superior no que se inclúe a ESAD, único centro
en Galicia que ofrece un título superior en Arte Dramática.
Profesorado, alumnado e representantes
do mundo da cultura e do teatro están a levar adiante estes días unha campaña
para sensibilizar a Administración pública sobre a gravidade da situación. Partindo
dun correo electrónico masivo dirixido ás autoridades educativas que, en ton de
manifesto, declara que “non existe unha sociedade libre sen un teatro de
calidade” para o que “o saber da palabra e a escena deben ser transmitidos”, a
comunidade educativa da ESAD insiste na necesidade de manter o seu proxecto
artístico e docente, para rematar sinalando:
“Necesitamos medios humanos suficientes.
Non á reducción do equipo docente”.
Ademáis da manifestación ante o edificio
administrativo de Pontevedra do martes, 9 de setembro, o profesorado da ESAD
insiste en que manterán as accións reivindicativas e mobilizacións ata que se
restitúa á Escola o profesorado despedido, garantindo así unha educación de
calidade para o seu alumnado e unhas condicións de traballo dignas para os
docentes.